A produción informativa dos soportes tradicionais na era dixital
DOI:
https://doi.org/10.17231/comsoc.14(2008).1078Palavras-chave:
Sociedade da Información, xornalista, noticia, interpretaciónResumo
Na Sociedade da Información e do Coñecemento os medios de comunicación tradicionais víronse obrigados a acometer cambios para atender as novas demandas sociais de información nos distintos soportes. Pero mentres que os medios tradicionais redefinen o seu papel, os novos medios cobren unha nova parcela dentro do sistema comunicativo grazas ás novas tecnoloxías da información que trouxeron con elas novas necesidades para o xornalismo.Os xornalistas tamén teñen que mudar hábitos e rutinas de traballo para que as informacións que preparan ofrezan algo máis ao cidadán ca simple descrición dos feitos que, por outra banda, xa non é preciso agardar ao día seguinte para atopala porque a información se difunde case ao tempo que se produce. O xornalista deixou de ser imprescindible pola súa capacidade para recoller e organizar os feitos. Agora a súa presenza faise obrigada pola súa facultade para interpretar e contextualizar os acontecementos, indo máis aló da anécdota e explicando as causas, as consecuencias e os efectos, valorando como os antecedentes repercuten no presente e como poden condicionar o futuro.Downloads
Downloads
Publicado
Como Citar
Edição
Secção
Licença
Direitos de Autor (c) 2012 Comunicação e Sociedade
Este trabalho encontra-se publicado com a Creative Commons Atribuição-NãoComercial 4.0.
Os autores são titulares dos direitos de autor, concedendo à revista o direito de primeira publicação. O trabalho é licenciado com uma Licença Creative Commons - Atribuição 4.0 Internacional.